2010.03.12 - MELIDEATH FEST II (Xerión, The Last Twilight, Eterna Penumbra, Pestifer)

satanic_slaughter
Turista
Mensagens: 3
Registado: quarta fev 03, 2010 11:32 pm

2010.03.12 - MELIDEATH FEST II (Xerión, The Last Twilight, Eterna Penumbra, Pestifer)

Mensagempor satanic_slaughter » quarta fev 03, 2010 11:37 pm

Na noite do venres 12 de Marzal celebrarase, na Sala 600 de Melide (A Coruña) ás 23:30h, o segundo ritual do "Melideath Fest", organizado por Nigra Mors Prod. e Final Embrace Recs. Nesta segunda conxuración as hordas invocadas para propaga-lo caos e ergue-lo inferno son:


XERIÓN (Metal Galaico Extremo dende a Galiza).
www.otronodexerion.com
Facendo un repaso aos seus fructíferos 9 anos de historia. Máis de 13 edicións forman o seu legado, entre infinidade de demos e splits, e o seu aclamado longa duración "Nocturnal Misantropía". Este concerto formará parte da xira de presentación do seu novo EP "Pálida Morte, Negra Sombra" (2009, Wolfram Prod.).


THE LAST TWILIGHT (Tribulationist Black/Death Metal dende a Galiza).
www.myspace.com/thelasttwilight
Regreso á actividade en directo desta horda galaica despois de 3 anos na escuridade. Presentarán o seu derradeiro traballo, bautizado como "Eternal Tribulation" (2010, Nekrogoat Heresy Productions), así como a nova formación, contando coa presenza de J.Fdez (Legacy of Brutality) e Lvme (Noitébrega, Devil Inside) á batería e baixo respectivamente.


ETERNA PENUMBRA (Black Metal dende Madrid).
www.myspace.com/eternapenumbra
Crú, herexe e misántropo Black Metal contra toda fé e insignificia humana dende o interior da península, mostrándonos a faciana máis decrépita do xénero impío.


PESTIFER (Blackened Death Metal dende Portugal).
www.myspace.com/pestifer_vengeance
Primeira descarga no noso país desta banda lusa que practica un Death Metal na vea de Morbid Angel, Deicide, Angelcorpse... Executarán hinos do seu primeiro e recente traballo "Brutal Eruption of Chaos".


As cincuenta primeiras ánimas en presentarse no ritual recibirán gratuítamente unha copia do "Melideath CD Compilation", composto por temas das bandas participantes nas dúas edicións (Black Goat, Balmog, Infernal Kingdom, Drengskapur, Pestifer, Eterna Penumbra, The Last Twilight, Xerión)


Imagem

satanic_slaughter
Turista
Mensagens: 3
Registado: quarta fev 03, 2010 11:32 pm

Re: 2010.03.12 - MELIDEATH FEST II (Xerión, The Last Twilight, Eterna Penumbra, Pestifer)

Mensagempor satanic_slaughter » quinta mar 11, 2010 12:53 am

O caos do MELIDEATH FEST já chegou!!! Amanhã érguese o inferno na Galiza!!!


Voltar para “Arquivo 2010”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 11 visitantes