XERIÓN (Metal Galaico Extremo dende a Galiza).
www.otronodexerion.com
Facendo un repaso aos seus fructíferos 9 anos de historia. Máis de 13 edicións forman o seu legado, entre infinidade de demos e splits, e o seu aclamado longa duración "Nocturnal Misantropía". Este concerto formará parte da xira de presentación do seu novo EP "Pálida Morte, Negra Sombra" (2009, Wolfram Prod.).
THE LAST TWILIGHT (Tribulationist Black/Death Metal dende a Galiza).
www.myspace.com/thelasttwilight
Regreso á actividade en directo desta horda galaica despois de 3 anos na escuridade. Presentarán o seu derradeiro traballo, bautizado como "Eternal Tribulation" (2010, Nekrogoat Heresy Productions), así como a nova formación, contando coa presenza de J.Fdez (Legacy of Brutality) e Lvme (Noitébrega, Devil Inside) á batería e baixo respectivamente.
ETERNA PENUMBRA (Black Metal dende Madrid).
www.myspace.com/eternapenumbra
Crú, herexe e misántropo Black Metal contra toda fé e insignificia humana dende o interior da península, mostrándonos a faciana máis decrépita do xénero impío.
PESTIFER (Blackened Death Metal dende Portugal).
www.myspace.com/pestifer_vengeance
Primeira descarga no noso país desta banda lusa que practica un Death Metal na vea de Morbid Angel, Deicide, Angelcorpse... Executarán hinos do seu primeiro e recente traballo "Brutal Eruption of Chaos".
As cincuenta primeiras ánimas en presentarse no ritual recibirán gratuítamente unha copia do "Melideath CD Compilation", composto por temas das bandas participantes nas dúas edicións (Black Goat, Balmog, Infernal Kingdom, Drengskapur, Pestifer, Eterna Penumbra, The Last Twilight, Xerión)
